Aula Virtual. Moodle

3/10/10

Neste curso 2010/2011 imos empezar a utilizar a Aula Virtual do Instituto con Moodle. Moddle sirve para crear comunidades de aprendizaxe en liña. O profesor crea un ambiente centrado no estudante que lle axuda a aprender en base ás súas habilidades e coñocementos.


Para acceder á Aula Virtual e aos cursos, entrades na páxina web do Insituto:http://centros.edu.xunta.es/iesperdouro/, e a continuación na opción de Aula V.
Necesitades un Nome de Usuario e Contraseña que se vos facilitará por correo electrónico.





















Actividades avaliación Proxecto Integrado

12/1/10

Na próxima semán empezaremos coa actividade de avaliación que nos levará aproximadamente 12 sesións de clase. Neste espacio de tempo informareivos de recursos que podedes empregar para o desarrollo da citada actividade: páxinas web, arquivos, modelos ficheiros excel, modelos ficheiros word, etc.

1. Manual de Contaplus Élite versión 2008.
2. Para aclarar algún tipo de dúbida en asentos contables podes visitar o seguinte portal.
3. Para descargar calquera documento e consultar dúbidas sobre impostos, consulta a páxina da Axencia Estatal Tributaria.

4. Consultas sobre impostos e fiscal.
5. Operacións de leasing e simuladores para comprobar a bondade dos teus cálculos.
6. Modelo ficheiro excel para amortización de leasing.
7. Modelo ficheiro excel para amortización de préstamos.
8. Modelo factura exel, que permite facer os cálculos.
9. Consultas de índices e refencias para préstamos (EURIBOR).
10. Modelo ficha artículos para valoración existencias.
11. Modelos de correspondencia comercial.

Rendas financeiras

Nestes días estamos a estudiar as rendas a interese composto. Nestas ligazóns podes atopar información sobre unha presentación de conceptos básicos e distintas funcións de excel para rendas.

Concepto de renda e clasificación
Excel financeiro. Funcións de excel que utilizaremos no estudio das rendas.

Proba avaliación inicial Xestión Financeira

22/10/09

Neste día imos facer unha proba inicial do módulo de Xestión Financeira, que nos permitirá avaliar coñecementos básicos sobre os primeiros temas do citado módulo. A cualificación será meramente informativa e non influirá na nota da avaliación.
Si non recibiche un correo electrónico coa proba preme na seguinte ligazón http://spreadsheets.google.com/viewform?formkey=dC1SRU1fc3B2NUQ0eFFfTXkzeUNFbXc6MA

Enderezo electrónico alumnos

20/10/09

Prégovos reenchades o formulario que figura na seguinte ligazón para dispoñer dos vosos datos de correo electrónico de cara a poder enviarvos información por ese medio.

Introducción Xestión Financeira

21/9/09

Ata dentro duns días non teredes o libro de texto, polo que vos deixo unha pequena presentación sobre o primeiro tema do módulo nesta ligazón.

Presentación Proxecto Integrado

19/9/09

Achégovos a presentación do módulo do Proxecto Integrado que analizaremos o vindeiro luns día 21. Tamén podedes descargar o arquivo en formato powerpoint nesta ligazón.